O PORRIÑO
Os empresarios da Granxa reafirman o seu compromiso coa veciñanza do Porriño
A Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Granxa respondeu de inmediato ao requerimento do Concello doando produtos a SOS Porriño para distribuir entre as familias máis necesitadas do municipio
Os empresarios da Granxa veñen facer unha doazón de produtos ao banco de alimentos municipal SOS Porriño, amosando a súa disposición a traballar da man do Concello para axudar ás persoas que o necesitan.
En concreto son 220 kg de pasta e 900 l de leite que se distribuirán entre as familias usuarias do servizo municipal de reparto de alimentos.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, reuníronse onte co presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono de A Granxa, Indalecio Cuevas, e co seu xerente, David Sobral, para agradecer a súa doazón e establecer vías de colaboración entre ambas entidades que repercutan na veciñanza.
O rexedor quixo agredecer a solidariedade dos empresarios xa que “grazas á súa implicación poderemos axudar ás veciñas e veciños que están a pasar unha situación difícil” e destacou “o labor de responsabilidade social que desempeñan de maneira activa e con especial atención ao noso municipio. Unha sinerxia que redunda en beneficio dos porriñeses e porriñesas”.
No mesmo sentido se expresou o concelleiro, que agradeceu “constantes mostras de solidariedade das empresas afincadas no Porriño”.
O presidente dos empresarios, pola súa banda, reafirmou o seu “compromiso coa veciñanza do Porriño e a man tendida dos empresarios do polígono a colaborar co Concello” á vez que agradeceu a boa sintonía e comunicación entre ambas entidades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61