Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A vangarda da investigación e a innovación ten selo porriñés

O alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou onte as instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) para coñecer os seus últimos proxectos e valorar vías de colaboración entre ambas entidades

O novo executivo continúa a súa rolda de visitas nos polígonos industriais para coñecer a fondo a situación actual da actividade empresarial e de I+D+i do Porriño, co obxectivo de establecer posibles vías de colaboración en materia de emprego e formación, entre outras.

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Urbanismo, Antía Carrera, visitaron onte as instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) acompañados polo seu director xeral, Luis Moreno, e o director da división de ITS e Electrónica, Francisco Sánchez.

 

Con máis de 900 empregados, o 80% deles titulados superiores, o centro tecnolóxico ubicado no Porriño sitúase á vangarda da investigación e da innovación, con máis de 50 proxectos colaborativos en marcha.

 

“O potencial da CTAG reside sen dúbida nos seus recursos humanos, que tal e como nos refire o seu director, son o seu maior activo”, apuntou o rexedor, “Isto supón unha enorme oportunidade para O Porriño, pois as nosas mozas e mozos poden formarse e desenvolver a súa profesión ao máis alto nivel sen necesidade de marcharse”.

 

Lorenzo destacou que a “capacidade innovadora do centro tecnolóxico e o seu volume  de investimento en ensaios e estudos fai que necesiten incorporar persoal cualificado de maneira constante”  e nese sentido tendeu a man do  concello para colaborar en materia de recursos humanos.

 

Lanzadeira de CTAG

Os representantes municipais coñeceron tamén en profundidade un dos seus proxectos máis recentes, o shuttle (lanzadeira) do CTAG, un vehículo de aspecto futurista que abre a porta ao transporte de pasaxeiros eléctrico, intelixente, autónomo e sostible.

 

Tras coñecer as características do proxecto e incluso realizar un recorrido de proba, valórase a posta en marcha dunha experiencia piloto en Porriño que permita coñecer o funcionamento deste bus nunha contorna aberta no que teña que interactuar con tráfico real. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.