NIGRAN
Rafael Jiménez Ambel pinta un mural na entrada da base do GES Val Miñor
Este veciño de Panxón doutor Cum Laude en Belas Artes quixo homenaxear aos bombeiros cunha obra na que son os protagonistas
O Concello de Nigrán ven de facer realidade a proposta do pintor Rafel Jiménez Ambel para homenaxear aos bombeiros do GES Val Miñor cun mural alusivo á loita contra os incendios de 2017 en Chandebrito. Así, as pasadas semanas estivo a traballar na sede da agrupación na rúa Paradellas (Nigrán) para decorar a parede frontal da instalación cun traballo colorista que, de xeito abstracto, retrata o traballo destes profesionais.
"Gustounos a súa proposta e consideramos moi merecida esta homenaxe artística e precisamente na súa sede", destaca o alcalde, Juan A.González.
Ambel naceu en Huéscar, provincia de Granada (España) en 1958. Aos 10 anos foi vivir a Valencia. Na actualidade reside en Panxón e exerce como profesor, pintor e escultor. É Doutor Cum Laude en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (1986) e diplomado en Estudos Avanzados en Deseño en Enxeñería e en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Vigo. Ademais de pintor, é profesor de debuxo no Ensino Secundario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141