GALICIA
Cada galego reciclou en 2021 medio quilo máis de envases de vidro
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a directora de Operacións, Finanzas e Servizos de Ecovidrio fixeron balance de reciclaxe e recollida selectiva en Galicia
Cada cidadán galego depositou nun iglú verde medio quilo máis de envases de vidro, ata acadar unha media de 18,8 quilos en 2021 ou 64 envases, por enriba da media nacional.
Este balance foi adiantado esta semana pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que -xunto á directora de Operacións, Finanzas e Servizos de Ecovidrio, Ana Cardona- ofreceu unha rolda de prensa para informar do balance de reciclaxe e recollida selectiva en Galicia, relativo ao ano 2021, e que se pecha coa recollida selectiva de 50.732 toneladas de vidro, un 2,7% máis respecto do ano anterior, 2020.
Segundo manifestou a conselleira, este crecemento demostra a solidez deste modelo de reciclaxe a través do contedor verde, así como o elevado grado de sensibilización da sociedade galega para -entre todos- mellorar os resultados e situar a Galicia á vangarda da reciclaxe.
Non obstante, destacou os rexistros da cidade de Compostela, onde se incrementou nun 13% a recollida selectiva; co que “se sitúa como unha das capitais máis recicladoras do territorio galego, con 21,6 kg por habitante”, é dicir, unha media de 74 envases por veciño.
Vázquez Mejuto salientou que este esforzo a nivel comunidade é posible grazas á rede de contedores verde, que está formada por 17.373 iglús verdes, que deron acollida aos máis de 190.000 envases depositados cada día ou os 330 envases por minuto.
Recordou que a esta cifra hai que engadir as case 13.000 toneladas recuperadas da bolsa negra nas plantas de tratamento -en Sogama e Lousame- que non foron separadas correctamente en orixe, polo que acabaron no lixo, e que agora se reincorporan no ciclo produtivo para fabricar novos envases.
Apoio do canal Horeca
A conselleira de Medio Ambiente tamén quixo poñer en valor o compromiso dos establecementos galegos do canal Horeca (hostalería, restauración e catering), que en 2021 foron 5.105 empresas, máis do dobre que no ano anterior; polo que eles son parte do éxito e do fito acadado en 2021.
No conxunto da comunidade a recollida deste tipo de residuos ascendeu a 50.732 toneladas, un 2,7% máis que no ano anterior; o que supuxo depositar máis de 190.000 envases cada día ou 330 envases por minuto
Recordou que parte deste éxito tamén reside no feito de que se melloraron as infraestruturas para facilitar a correcta separación e reciclaxe de envases de vidro, coa entrega de 1.122 cubos especiais e a instalacións de contedores adaptados.
2022, ano internacional do vidro
A conselleira de Medio Ambiente lembrou que a ONU declarou o 2022 como o Ano internacional do vidro, polo importante papel que este material xogou no desenvolvemento da humanidade e que hoxe é elemento esencial en sectores como a enerxía, electrónica, agricultura, óptica, o aeroespacial ou a biomedicina.
Vázquez Mejuto afirmou que o vidro é un materia natural e 100% reciclábel de envase a envase, polo que -coas cifras de reciclaxe rexistradas no pasado ano- ”evitouse a extracción de 76.400 toneladas de materias primas (area, eslamiada e calcaria), un peso equivalente a sete veces o peso da torre Eiffel”, destacou.
Ao mesmo tempo, evitouse a emisión de preto de 37.000 toneladas de CO2 a atmosfera, o equivalente a retirar máis de 17.000 coches da circulación durante un ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218