Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 11:18:55 horas

Xornal21.es
Jueves, 17 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta abrirá en setembro unha nova gardería con 41 prazas na Guarda

A conselleira de Política Social, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Diéguez, visitou onte o edificio, antiga vivenda dos mestres e comedor escolar

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou onte que a Xunta de Galicia ampliará a súa rede de escolas infantís coa apertura do novo centro público autonómico da Guarda. Acompañada polo alcalde desta localidade, Antonio Lomba, sinalou que o futuro recurso de conciliación abrirá as súas portas en setembro e contará con 41 prazas repartidas entre tres aulas.

 

A conselleira de Política Social asegurou que este proxecto e posible grazas ao traballo conxunto e ao investimento realizado polo Goberno galego e o Concello da Guarda, que ascende a máis de 845.000 euros, dos que a Xunta achegou o 60% a través dos fondos Feder, e a Administración local, o resto. A apertura desta nova escola infantil permitirá que máis da metade dos nenos de 0 a 3 anos deste municipio teñan á súa disposición unha praza pública, unha ratio de cobertura 18 puntos por riba da recomendada pola Unión Europea.


Coa da Guarda serán máis de 200 os centros que o Goberno galego ten repartidos pola Comunidade. Fabiola García lembrou, ademais, que desde a Xunta trabállase para dar ás familias galegas todas as facilidades posibles para que a oferta se axuste ás súas necesidades de conciliación a través de, entre outras medidas a gratuidade universal de todas as escolas infantís de Galicia, que se empezará a aplicar o vindeiro curso, e que xa se aplica para os segundos fillos e seguintes desde 2020.

 

 

 

 

Trala entrada en funcionamento deste novo recurso de conciliación serán máis de 200 os pertencentes á rede pública autonómica

 

 

 


Precisamente para dar cobertura á crecente demanda de prazas gratuítas para segundos e sucesivos fillos, o Goberno galego vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha ampliación de crédito que permita á Administración autonómica atender esta maior ocupación nos centros de educación de 0 a 3 anos. Este incremento, que responde ao aumento de matriculacións en escolas infantís rexistrado no curso 2021/2022 respecto ao anterior, ascende a un millón de euros, que se suma aos máis de 16 presupostados para este fin.


Casas niño e Bono Coidado
Tamén as casas niño constitúen unha parte fundamental deste conxunto de medidas, pequenos centros de conciliación completamente gratuítos para nenos de 0 a 3 anos en concellos que carecen doutro recurso semellante; ou o Bono Coidado, que ofrece ás familias recursos puntuais de conciliación ante obrigas persoais ou profesionais. Esta última medida permite ás nais e pais contratar coidados para os fillos de ata 12 anos cando teñen que asistir a algún compromiso laboral, sanitario ou persoal.


Fabiola García agradeceu o traballo que levan a cabo diariamente as traballadoras das escolas infantís, por converter estes centros en piares fundamentais para a conciliación familiar das familias galegas con nenos pequenos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.