Viernes, 27 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Marzo de 2026 a las 20:05:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 16 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Sae o tráiler solidario para Ucraína

Un camión táiler cargado con 24 toneladas de axuda humanitaria partiu cara unha localidade polaca fronteiriza co país ucraíno. Serán os servizos sociais da cidade de Nowa Sarzyna os que reciban e distribúan a axuda humanitaria.

 

O camión non foi capaz de levar toda a axuda recadada gracias a solidariedade da xente de Mos, O Porriño e Lalín, que se almacenou na nave de CBL loxística en Mos. A loxística correu a cargo de Voluntarios do "Banco de Tempo",  do Programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta de Galicia, de Mos Axuda e  de Protección Civil de Mos que se encargaron de recoller todas as doazóns nos  puntos de entrega para levalos ao tráiler.

 

Ademais desta iniciativa solidaria, por parte das respectivas Corporacións Municipais destes 3 Concellos aproveitan esta acción para reafirmar a súa total repulsa da invasión de Ucraína por parte da Federación Rusa.

 

“Repulsa contra a violencia internacional e cariño e forza para as vítimas. Vítimas que son milleiros de inocentes falecidos, feridos e deprazados que están a fuxir do país… sen contar aos que permanecen sufrindo e sobrevivindo como poden. Milleiros de vítimas en pouco máis dunha semana de invasión inxusta, inxustificada e cruel. A nosa máis enérxica condena e repulsa pola invasión e o ataque despiadado que Rusia está facendo dun estado soberano: UCRAÍNA.  Unha acción violenta, que utilizando a forza rompe a orde internacional e que está provocando dor e morte, con miles de mortos e feridos e o éxodo masivo de persoas  fuxindo do seu país.  Por iso pedimos conxuntamente o cese inmediato da invasión e condeamos firmemente esta terrible inxustiza”, declararon os alcaldes dos tres municipios Alejandro Lorenzo do Porriño, Nidia Arévalo, rexedora local de Mos, e José Crespo de Lalín.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.