Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 21 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Comezan as obras para tratar as filtracións de augas fecais na fonte de San Sebastián

Estase a canalizar o caudal no tramo ata o grifo para asegurar que non se producen filtracións contaminantes como a que obrigou a manter cortado o subministro

Onte deron comezo as obras de saneamento e acondicionamento da Fonte de San Sebastián, que permanece sen subministro tras detectarse contaminación na súa auga.

 

Os valores paramétricos que aparecían alterados nas analíticas correspondíanse con posibles filtracións de fecais (bacterias coliformes e microorganismos aerobios 22º), polo que foi preciso proxectar a canalización do caudal no tramo ata o grifo para impedir filtracións contaminantes e garantir a súa potabilidade.

 

Así, colocarase unha tubería de PVC de 75 x 10 atm. dende a entrada a mina ata o nacente e unha tubaxe de ventilación para poder realizar os actuais e posteriores traballos na mina. Ademais, acometerase a construción dunha arqueta á entrada da mina (xunto ao parque infantil) para a conexión da auga non potable coa rede de pluviais.

 

“Esta fonte ten un gran valor, non só patrimonial senón tamén funcional, xa que son moitos os veciños e veciñas da vila que consumen esta auga cada día, polo que supón un gran perxuizo que non esté en funcionamento”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Por iso estamos a facer o necesario para que o subministro se poida manter con todas as garantías sanitarias”.

 

No mesmo sentido se explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “o importante é asegurar que a auga mantén a súa calidade e é apta para o consumo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.