Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Marzo de 2026 a las 20:05:51 horas

Xornal21.es
Domingo, 20 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Arrancan as obras no Camiño da Laxe en Petelos

O Concello de Mos está a acometer con fondos propios unha importante obra de mellora da seguridade viaria por importe de preto de 50.000 euros no Camiño da Laxe, parroquia de Petelos. Un vial que se caracteriza por ter tramos moi estreitos que non ofrecen un itinerario ponil seguro, que quedará solucionado tras a finalización da obra.

 

No Camiño da Laxe hai unha gran afluencia de tráfico debido a que é o vial de acceso ao edificio do Concello dende a parroquia de Petelos. É por elo que a administración local mosense decidiu mellorar a seguridade do vial e humanizar a contorna con, entre outras actuacións, a instalación de iluminación adecuada.

 

Mediante a realización dos traballos que acaban de ser iniciados fai poucos días, aumentará o ancho do vial ata 4,00 metros dende o punto medio do actual. E a actuación compleméntase coa execución dun muro de contención de 6 metros de alto, que é a parte da obra que xustamente se está a acometer nestes intres.

 

As obras de “Mellora da seguridade viaria no Camiño Laxe”, conlevan as seguintes actuacións: actuacións previas, estruturas, execución de firmes e pavimentos, sinalización, balizamento e defensas, servizos afectados, e reposicións.

 

O importe exacto da mellora ascende a 48.046,00 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.