Mos
O Celta presenta a futura Factoría do Deporte Galego
Esta tarde expuxo ante corporativos e Comunidades de Montes e de Augas de Pereiras os detalles do proxecto co que o Celta crecerá en Mos, creando un espazo referente internacional, denominado Galicia Sports 360, que incluirá Universidade do Deporte e no que o clube prevé investir 70 millóns de euros
Esta tarde celebrouse na Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras unha xuntanza entre o RC Celta, Concello e Comunidades de Montes e Augas de Pereiras, na que o clube celeste presentou o proxecto estratéxico e referente internacional: Galicia Sports 360.
Na reunión estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto con máis membros da Corporación Municipal, o presidente do Celta, Carlos Mouriño, e representantes da Comunidade de Montes de Pereiras, e Comunidades de Aguas de Pereiras; onde se atopan os terreos dos que xa dispón o clube celeste para desenvolver este novo proxecto.
![[Img #74948]](https://xornal21.com/upload/images/03_2022/4513_dsc_0247.jpg)
O proxecto exposto convertirase na Factoría do Deporte Galego, tratándose dun centro integral para a capacitación da industria do deporte, cun centro de tecnificación avanzada para o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a súa aplicación ao mundo do deporte. Un centro que albergará ademais a Universidade do Deporte.
Sobre esta gran noticia a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “a gran transformación en materia de novas dotacións e equipamentos que vai supoñer esta nova infraestrutura deportiva estratéxica e referente internacional”.
Así mesmo Arévalo salientou as características deste novo proxecto céltico “que contará cunhas instalacións de 299.000 m2 de superficie e no que o clube fará un investimento de 70 millóns de euros. Ao tempo que creará emprego no municipio con 200 novos postos de traballo”.
Deste xeito a Cidade Deportiva Afouteza continuará crecendo con esta Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 que contará con campos de fútbol de herba natural e artificial, instalacións para os equipos de categorías profesionais e para a canteira, instalacións para a práctica doutros deportes, centro de ocio deportivo temático aberto ao conxunto da sociedade e residencia deportiva para a canteira e concentracións do primeiro equipo, así como para os programas de formación intensivos.
O programa deseñado contará co proxecto da Universidade do deporte, centros de ciclos formativos de Grado Superior vinculados á medicina e o mundo deportivo e centro de alto rendemento médico. Tamén Centro Tecnolóxico da Innovación no deporte. Centro Demostrador de Tecnoloxía. Club de inversores. E centro de eventos e conferencias. Finalmente culmínase o proxecto cun Arena de ata 10.000 espectadores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6