Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Marzo de 2026 a las 20:05:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Mos, O Porriño e Salceda de Caselas

Mos acolle as votacións da Louriña previas ao 20 Congreso Nacional do PP

Afiliados mosenses e dos municipios de O Porriño e Salceda votaron ao longo da xornada de hoxe na sede dos Populares de Mos en Petelos para elexir aos compromisarios para o Congreso de Feijóo

A sede dos Populares de Mos está a ser hoxe sede da votación da xornada electoral de elección de candidatos con motivo do 20 Congreso Nacional do PP no que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, presenta a súa candidatura a presidir o partido a nivel nacional.

 

[Img #74952]

 

A sede mosense acolle hoxe as votacións da comarca da Louriña, pois está a recibir os votos dos afiliados dos municipios de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.

 

Os votantes elixen aos candidatos que optan á cada unha das Asambleas determinadas.

 

Desde o PP de Mos o seu voceiro e presidente do Comité Local, Camilo Augusto, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a deputada autonómica, Feli Rodríguez Carrera, declararon que “é unha honra para os Populares de Mos acoller hoxe durante esta xornada electoral as votacións da comarca da Louriña, votacións que continúan o camiño cara a presidencia nacional por parte do noso presidente, Alberto Núñez Feijóo, do que desde Mos sentímonos inmensamente orgullosos e temos toda a nosa confianza depositada nel, pois é a mellor opción para reconducir a situación do país”.

 

[Img #74951]

 

“Hoxe Mos, Porriño e Salceda votan por un presidente, Alberto Núñez Feijóo, avalado polas maiorías e preparado para garantir unha alternativa que mellore España”, concluíron Arévalo, Augusto e Rodríguez Carrera.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.