Galicia
Feijóo insiste na necesidade de baixar o IVE e o imposto da electricidade ao tipo superreducido
“Débese anunciar a que se vai dedicar o exceso dos ingresos fiscais dos últimos meses como consecuencia do prezo da enerxía e dos carburantes”, demanda
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o Plan de choque da Xunta para axudar a paliar a crise agravada pola guerra e pediu ao Goberno central que tome decisións.
Durante a súa participación na clausura da Asemblea da CEP, Feijóo aseverou que a situación non fixo máis que empeorar para as industrias e para as familias. Ao respecto, incidiu na necesidade de baixar o IVE, de baixar o imposto da electricidade ao tipo superreducido e de insistir ante a UE na baixada do IVE aos combustibles. “Débese anunciar a que se vai dedicar o exceso dos ingresos fiscais dos últimos meses como consecuencia do prezo da enerxía e dos carburantes”, demandou.
Nesta liña, resaltou que, pola súa banda, o Executivo autonómico puxo en marcha un plan con medidas urxentes e transitorias, entre as que destacan a axilización do lanzamento do bono social térmico, que beneficiará a 66.000 familias, e que se complementará cun ingreso adicional de 100 euros.
“Adiantaremos aos gandeiros as axudas da PAC con cargo á Administración autonómica; tomamos a decisión de poñer en marcha liñas de crédito de ata 20.000 euros para atender compras de circulante por parte dos gandeiros, tamén avaladas pola Comunidade Autónoma; ademais de instar ao Ministerio de Agricultura a que o Banco de España autorice ás entidades financeiras a concesión dunha moratoria dun ano no pago das amortizacións dos préstamos a longo prazo que teñen os gandeiros”, explicou.
E, en relación ao sector do mar, Feijóo aseverou que a Xunta articulará unha subvención que compense aos profesionais do pago de, como mínimo, dous meses das taxas portuarias dos portos de titularidade autonómica.
Por último, Feijóo aseverou que a Xunta blindará ao sector do transporte de viaxeiros por estrada fronte a suba exponencial do prezo dos carburantes cunha inxección de 3,5 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218