Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

O ‘Comité Antifascista Lourinha’ ataca a bandeira de Ucraína en Mos

Alomenos dous encapuchados atacaron hoxe a bandeira de ucrania ubicada no Concello tal e como pode apreciarse na imaxe que os propios autores subiron as redes sociaisAlomenos dous encapuchados atacaron hoxe a bandeira de ucrania ubicada no Concello tal e como pode apreciarse na imaxe que os propios autores subiron as redes sociais

O Concello de Mos denuncia e rexeita os actos vandálicos contra a bandeira de Ucraína instalada na fachada do Concello que foron realizados presuntamente polo movemento ‘Comité Antifascista Lourinha’

Dende o Concello de Mos veñen de manifestar "a nosa máis rotunda condea e repulsa aos actos vandálicos reivindicados e perpetrados presuntamente polo ‘Comité Antifascista Lourinha’ a pasada madrugada, nos que retiran, pintan coa esvástica nazi, e substitúen por outra de apoio á invasión rusa de Ucraína, a pancarta de ‘Mos con Ucraína’ que se atopaba instalada na fachada da Casa Consistorial".
 
O ataque xa foi denunciado  no cuartel da Garda Civil
 
Uns feitos que dende o Concello calificaron de "vergoñentos e deleznables dos que este colectivo fixo gala, para máis INRI, nas súas redes sociais mediante a publicación e difusión de diversas fotografías e vídeos".
 
A administración local mosense rexeita e denuncia públicamente estes actos que fan apoloxía da violencia, da guerra, e da vulneración dos dereitos humanos e da autonomía dos estados soberanos; e comunica que xa se interpuxo denuncia formal dos feitos no cuartel da Garda Civil.
 
 
Por último sinalan coma "triste acontecemento o desta noite, co que lonxe de apoiar ás inocentes vítimas da guerra e da invasión, téntase criminalizalas polo mero feito de ser cidadáns ucraínos".
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.