GALICIA
Galicia é a segunda comunidade autónoma de España dependentes atendidos
A conselleira de Política Social respondeu a unha pregunta no Pleno do Parlamento de Galicia sobre a atención a persoas dependentes
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou esta semana no Pleno do Parlamento que Galicia é a segunda comunidade autónoma de España cunha maior porcentaxe de persoas con dependencia recoñecida atendidas. Un 95% das galegas e galegos están atendidos, isto é, nove puntos por riba de media nacional.
Fabiola García explicou que desde o 2009, a Xunta multiplicou por catro o número de dependentes atendidos, de 15.000 a máis de 65.400. Este incremento é grazas a duplicar a oferta de prazas sostidas con fondos públicos en residencias de maiores ao pasar de 5500 a 13.000; pola creación das casas do maior, que acadarán as 120 ao rematar o ano ou ao reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, programa Xantar na Casas e a teleasistencia.
Un 95% das galegas e galegos están atendidos, nove puntos por riba da media nacional
Así mesmo, a conselleira recordou que o Goberno galego seguirá reforzando estes servizos ao poñer en marcha un Plan de Choque en dependencia, que reducirá á metade os tempos de agarda, diminuirá á metade o número de folios que se teñan que cubrir e permitirá levar máis axudas e máis servizos de dependencia aos galegos.
Ademais, subliñou que Galicia destina 430 millóns de euros na atención á dependencia e dous terzos da factura total seguen correndo por conta da Xunta de Galicia. Fabiola García recordou que para cumprir a Lei de dependencia o Goberno central ten que investir 150 millóns de euros máis cada ano do que fai hoxe. A débeda pendente con Galicia desde o 2009 xa supera os 1000 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218