Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 09 de Mayo de 2026 a las 11:13:10 horas

Xornal21.es
Lunes, 28 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Xornadas de traballo para preparar proxectos que inxecten fondos europeos no territorio miñoto

O vindeiro xoves 31 reuniranse en Tui representantes dos concellos transfronteirizos, a Xunta, o Ministerio de Facenda e da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico

[Img #75041]A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Cooperación Transfronteiriza, vai celebrar o vindeiro xoves 31 en Tui unha ‘Xornada de traballo para a preparación de proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27’. Neste encontro, no que tomarán parte alcaldesas e alcaldes dos concellos transfronteirizos, da Xunta, e da Subdirección xeral de cooperación territorial europea da Dirección xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda e da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico do goberno do Estado.

 

O obxectivo das xornadas será afondar nas necesidades e posibles novos proxectos para inxectar fondos europeos no territorio miñoto, toda vez que nestes momentos é de vital importancia reactivar economicamente a zona transfronteiriza do Miño tras o impacto dobre da pandemia da COVID polo peche de fronteiras, segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez.

 

 

 

 

Farase un balance do período 2014-2020 e debaterase sobre as propostas xa existentes centradas na promoción turística

 

 

 

 

Así mesmo, farase un balance do traballo realizado grazas aos fondos comunitarios no periodo 2014-2020 e debaterase sobre as propostas xa existentes para o novo marco, centradas na promoción turística. Neste sentido, poranse sobre a mesa as iniciativas para ‘A promoción do territorio común: A Marca Rio Minho’ e sobre o ‘Anel Verde de Sendas Peonís e Ciclábeis’, coa presentación dos resultados do inquérito ás persoas usuarias das sendas e espazos públicos verdes no Rio Miño (realizadas en agosto 2020) e a proposta de trazado principal do novo Anel Verde Transfronteirizo de sendas peonís e ciclábeis.

 

Outro dos puntos importantes do día será a presentación da ‘Base de Datos’  para proxectos e a mesa redonda sobre as oportunidades de financiamento europeo na que estarán o vocal adxunto da Subdirección Xeral de Cooperación Territorial Europea da Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda Adrián Vecino, o asesor do Gabinete da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico  do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico Miguel Ángel Pérez Grande,o subdirector xeral de cooperación territorial europea da Xunta de Galicia Xose Lago, e o director AECT Río Minho Rui Teixeira. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.