MOS
Os socialistas de Mos piden un "modelo enerxético cara o uso de renovables”
Será a oposta do grupo municipal no pleno de marzo
Dende a bancada socialista presentarán no vindeiro pleno da corporación mosense, unha serie de propostas para un cambio de modelo enerxético cara o uso de renovables, que terá lugar o próximo, Luns, 28 de marzo, no pazo de Mos, as 10.00 da mañá. Manifestan que as institucións públicas deben ser as primeiras en definir un plan fronte a transición enerxética, facendo nosos os retos da emerxencia climática. Dende as políticas que leve a cabo a administración local, sempre tendo en conta as súas competencias en materia enerxética, deben contemplar o fomento do autoconsumo renovable. Facendo fronte así tamén as campañas de desinformación e medidas levadas a cabo noutras épocas, que acusaban a estas fontes de enerxía renovables de ser económicamente inviables.
O Concello de Mos debería elaborar un estudo para a implantación de enerxías renovables nas instalacións propias, aproveitando os mecanismos que a día de hoxe ten a súa disposición. Esta medida buscaría, primeiramente, asentar as bases para durante este ano elaborar un informe que nomee aqueles edificios municipais susceptibles de poder instalar enerxías renovables. Medida a que lle seguiría en anos vindeiros a instalación destas fontes de enerxía. A vez que se debería facer unha planificación económica do que estas accións suporíanlle o concello, sempre tendo en conta a colaboración que poderían solicitar doutras administracións.
Na súa moción piden; Elaborar un estudio no que se concreten as necesidades das instalacións municipais e aquelas que son susceptibles de aplicar enerxías renovables; Establecer as fases cas que este cambio de sistema se levaría a cabo, permitindo así poder contemplar esta medida en vindeiros orzamentos; Estudar a posibilidade de cofinanciación con outras administracións a través das liñas xa existentes; E valorar por parte dos técnicos municipais a posibilidade de establecer bonificacións fiscais, axilizar procedementos, axudar a solicitar as subvencións existentes e mecanismos susceptibles de ser postos en marcha para que a veciñanza, colectivos ou empresas aposten por este modelo enerxético.
Victoria Alonso, voceira dos socialistas no consistorio mosense di que estas medidas son de carácter interno para aplicar nas instalacións propias, e que poderían repercutir na veciñanza. Facendo esta posta en marcha de forma transparente, e dando a coñecer os datos de investimentos e aforro enerxético, co obxectivo de que esta publicidade faga que esta medida resulte de interese para o uso privado. É dicir, buscaríase que nas empresas, vivendas e instalacións privadas valoren o uso de renovables de forma positiva.
Manifesta que esta medida de ser aplicada nun futuro, podería supoñer unha redución do custe enerxético para o propio concello que vería aliviadas as arcas municipais e por tanto, repercutiría beneficiosamente na veciñanza a medio e largo prazo. Outra cuestión a ter en conta é a redución da contaminación. Remata pedíndolle o goberno do partido Popular e o resto da corporación, que teñan en consideración estas propostas e que o seu voto sexa favorable no pleno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171