Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 27 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Un incendio arrasou cinco naves do Polígono Industrial do Rebullón

A Xunta activou esta mañá o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) no nivel 1 a causa do incendio no Polígono Industrial de Rebullón, no concello de Mos. A esta hora, o incendio dáse por controlado e afecta a un total de cinco naves, sen que se rexistraran danos persoais.

 

[Img #75058]

 

A activación deste Plan, neste nivel, supón a mobilización de recursos de ámbito local ou supralocal para facer fronte a esta situación de risco e garantir a coordinación entre os organismos mobilizados. Deste xeito, un amplo operativo foi posto en marcha para controlar a extensión dos danos e establecer un perímetro de seguridade.

 

[Img #75059]

 

Ás 04:15 horas, o 112 Galicia recibiu un aviso da Garda Civil alertando dun incendio nunha nave do polígono adicada ao mantemento de maquinaria da madeira. Ademais, comezou a recibir numerosas chamadas de persoas particulares que informaban de ver saír lume dunha nave do mesmo lugar.

 

[Img #75060]

 

Nada máis ter constancia dos feitos, púxose en marcha un amplo dispositivo para facer fronte ás lapas no que interveñen os Bombeiros de Morrazo, O Porriño, Ribadumia e Vigo e os voluntarios de Protección Civil de Mos membros do GES de Mos e Val Miñor.

 

[Img #75061]

 

Tamén, no punto, atópanse os membros do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA, que mobilizou unha cisterna cunha capacidade de 25.000 litros para subministrar auga aos medios desprazados e a Unidade de Drons, dotacións do Servizo Provincial de Incendio, así como, os axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e as autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

 

[Img #75063]

 

Cómpre sinalar que, aínda que, afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foron informados, por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.