Mos
O GALI colabora na extinción do lume de Mos
O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias -Axega- continúa a súa intervención no incendio que se declarou esta madrugada no Polígono Industrial de Rebullón, no concello pontevedrés de Mos. Este suceso, que obrigou a activar o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias Galicia, deuse por controlado, preto das dez desta mañá, polos medios de extinción.
De feito, a boa evolución do incidente permitiu retirar dunha forma coordinada varias dotación dos servizos de emerxencias desprazados ata ao lugar. Así pois, no lugar da intervención continúan os profesionais dos parques de bombeiros do Porriño e de Ribadumia e os membros dos GES de Mos.
Segundo as últimas informacións recollidas no 112 Galicia, cinco naves arderon na súa totalidade a consecuencia do incendio ,arestora, os servizos de emerxencia realizan un arrefriamento perimetral da zona afectada.
Cómpre salientar que o 112 Galicia tivo coñecemento do incendio ás 04:15 horas de hoxe, a través da Garda Civil. Ademais, participaron medios portugueses, mediante o protocolo de colaboración transfronteiriza no caso de emerxencias (ARIEM+).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171