Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 29 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Tui

Leticia Gallego reclámalle a Xunta desbloquear a restauración do acueduto do Pontillón

A parlamentaria socialista Leticia Gallego vén de defender no Parlamento de Galicia unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que desbloquee a restauración do Acueduto do Pontillón, no Concello de Tui, iniciando a súa catalogación como ben patrimonial. Lamentou o voto en contra do PP, que se negou a transaccionar a proposta a pesares de que Gallego reclamara “altura de miras” para defender a restitución desta infraestrutura histórica.

 

Gallego explicou advertiu de que “de nada serve” reclamarlle á Confederación Hidrográfica que repoña a infraestrutura “se antes Patrimonio non a cataloga como Patrimonio se Galicia”, obrigando a que sexa o Concello de Tui quen inicie o procedemento pola súa conta. Lembrou que a CHMS ten anunciado que no momento en que o acueduto sexa catalogado procederá á restitución do acueduto e á posta en valor da zona, xa que do contrario sería considerado unha obra nova e non podería acometela.

 

Acusou ao goberno galego de negarse a levar adiante o proceso alegando que “non hai evidencias suficientes de que houbese un acueduto”. Gallego sinala que “non é certo, porque existen fotos que acreditan a existencia da infraestrutura de máis de 200 anos de antigüidade, tal e como recolle o informe da arquitecta técnica do Departamento de Rehabilitación do Concello de Tui”.

 

De feito, explica que o acueduto, que quedou “inexplicablemente” sen catalogar no PXOM aprobado en 2011 polo ex alcalde do PP Antonio Fernández Rocha, foi desmontado parcialmente no ano 2020, e as pedras foron recuperadas e depositadas na nave municipal de Guillarei por parte do Concello de Tui.

 

Leticia Gallego apunta que o acueduto “é unha estrutura de indubidable valor patrimonial, etnográfico, histórico e cultural que se atopa situada sobre río Caselas, na parroquia de Caldelas entre os concellos de Tui e Salvaterra”. Apunta que “malia ser un ben que a veciñanza leva anos reivindicando, foi esquecido polas diferentes administracións do PP, que nunca rexistraron a infraestrutura nos respectivos catálogos de Patrimonio”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.