Galicia
O BNG reclama reducir temporalmente os impostos aos combustíbeis
Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, mantivo un encontro con transportistas en Narón, acompañado pola portavoz municipal Olaia Ledo, en que trasladou a batería de medidas que o BNG defende para afrontar a suba desproporcionada dos prezos e o empobrecemento das clases populares, entre elas a da suba dos combustíbeis, unha das principais reclamacións do transporte que se mobilizou nas últimas semanas reclamando solucións e axudas. O deputado do BNG considera excesivo e inxustificado o triunfalismo de Pedro Sánchez após o cumio europeo porque agora corresponde definir medidas concretas e o único que se coñece das intencións do Goberno é que as imos acabar pagando as persoas usuarias na factura da luz. Por iso, chama a participar na mobilización do día 3 en Compostela para reclamar un xiro social na acción do Goberno.
"Frente á parálise e o atraso na adopción de medidas por parte do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza, a organización nacionalista está levando a cabo unha campaña de difusión das medidas sólidas e urxentes que se precisan aplicar de maneira inmediata para paliar a suba desproporcionada dos prezos dos bens e servizos esenciais, o que leva a un empobrecemento das clases populares e que se agravou no último ano, sobre todo, polo aumento do prezo da luz e os carburantes" sinalan.
“O Goberno do Estado para alén do compromiso estabelecido esta semana en relación co transporte, aínda non ten adoptado medidas que segue diferindo. É preciso que o executivo actúe xa” subliña o Néstor Rego. “É inxustificábel o triunfalismo de Pedro Sánchez após o cumio europeo que vén de decorrer” continúa o deputado nacionalista “pois do anunciado polo presidente do Goberno o único certo que coñecemos é que o custo de limitar o prezo do gas imos acabar pagándoo as persoas consumidoras na factura da luz mentres que as grandes compañías seguirán mantendo a súa marxe de beneficio intacto”.
O BNG xa trasladou ao Goberno toda unha batería de propostas de desenvolvemento urxente entre elas establecer topes ao prezo dos carburantes e da electricidade. No caso dos combustíbeis, a frente nacionalista defende baixar temporalmente os impostos até que a inflación se estabilice por volta de 2%. Destaca tamén a proposta para unha intervención pública do mercado eléctrico e nos beneficios “chovidos do ceo” das eléctricas para controlar os prezos e a garantía do acceso á enerxía como un ben básico. “Defendemos desvincular o mecanismo de fixación dos prezos do gas nos mercados internacionais e mudar o sistema de pool e estabelecer prezos máximos” enumera.
“Para alén, reclamamos unha Tarifa Eléctrica Galega como País produtor escedentario de enerxía eléctrica, así como quitar da factura todos aqueles cargos e peaxes que non teñen que ver coa xeración e distribución da electricidade e, no medio prazo, unha regulación do sector eléctrico modificando os criterios do mercado marxinalista” enfatiza Rego. Mesmo sinala a necesidade de que existan empresas públicas que xestionen a enerxía e permitan modular máis facilmente o prezo da enerxía eléctrica.
Ademais, o BNG entende que é preciso atender á situación dos consumidores domésticos baixando o IVE ao tipo reducido de 4% para os bens e servizos esenciais como son a alimentación por exemplo o peixe, os produtos de hixiene feminina ou os subministracións básicas como o gas, a auga e a electricidade. Baixadas que deberían ser compensadas con un incremento da carga impositiva a quen máis ten, por exemplo, no imposto de patrimonio a partir de un millón de euros.
Por último, o deputado do BNG chama a mobilización nacional convocada polo BNG para o vindeiro domingo, 3 de abril, en Santiago de Compostela para que tanto o goberno galego como o do Estado actúen de forma inmediata e áxil para paliar a crise.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218