Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 29 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Tui

O PPdeG critica que BNG e PSdeG tentaran botar baixo a reposición do acueduto do Pontillón

O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez Pérez criticou  no Parlamento galego que BNG e PSdeG “buscaran botar abaixo a proposición non de lei aprobada hai 14 días na Comisión 4ª a través da que se insta á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil á reposición do acueduto do Pontillón sobre o río Caselas, na parroquia de Caldelas no concello de Tui de interese patrimonial”.

 

“O único que queren nacionalistas e socialistas é enredar por enredar e buscar un argumento para dicir que o Partido Popular e a Xunta están en contra da reposición do Pontillón entre Tui e Salvaterra. Nada máis lonxe da realidade”, asegurou o deputado popular.

 

"QUE O ARRANXE QUEN O DESTROZOU"

 

Neste sentido, Moisés Rodríguez lembrou que tanto BNG como PSdeG “se abstiveron hai 14 días á iniciativa que foi aprobada do Grupo Popular, porque o único que queren é seguir mantendo a mentira de que primeiro é necesario catalogar e despois instar á Confederación Hidrográfica á restauración”.

 

“Non podemos consentir que sigan enganando aos veciños e o PPdeG o que quere é que quen destrozou o Pontillón, a Confederación Hidrográfica, que o arranxe”, concretou.

 

O deputado popular explicou que “que o Pontillón non estivese catalogado non significa que non estea protexido como ben integrante do patrimonio cultural de Galicia, polo que as actuacións neste ben debería ser obxecto de atención e cautela ante posibles afeccións, especialmente se o promotor da mesma é unha administración pública”.

 

Moisés Rodríguez incidiu que “nada impide, desde o punto de vista sectorial da protección do patrimonio cultural, que cos restos conservados se realice a reconstrución do Pontillón no lugar orixinal, para o que non é necesario o beneplácito da administración competente en Patrimonio Cultural porque este ben non está catalogado nin declarado BIC”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.