Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 04 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

O baldío de Pedra Pena de 0,7 hectáreas transformase nun bosque de frondosas de castiñeiros e cerdeiras

A comunidade de Montes Fornelos da Ribeira xunto co IES de Salvaterra de Miño e ANPA Chan da Ponte transforman nun bosque de frondosas o baldío de Pedra Pena coa plantación de 150 castiñeiros e 15 cerdeiras. Este baldío atopábase sen arborado polos graves incendios que asolaron a comarca no 2017.


O alumnado do IES de Salvaterra tamén participou na plantación de 50 castiñeiros no baldío de Azaido/Rebaído para formar unha faixa de protección das vivendas do linde.


Nos traballos colaboraron o Concello de Salvaterra de Miño, Distrito Forestal XVII O Condado – A Paradanta, Empresa autobuses Raul e Viveiros Refoxo.


Por outra banda a comunidade de Montes tamén plantou 15 cerdeiras no baldío de Enxembre e ten previsto continuar cos novos traballos de plantación nos próximos anos dentro das súas posibilidades e sempre e cando conte coa colaboración de outras entidades.


A comunidade de Montes Fornelos da Ribeira conta con so 12 hectáreas de superficie de monte clasificado, con parcelas de moi pouca superficie o que supón un problema para poder optar as axudas da Consellería de Medio Rural. A Xunta Reitora piden que cambien as bases e se favoreza as pequenas comunidades que non contan con ingresos para poder levar a cabo novas plantación e traballos de mantemento nos pequenos baldíos sobre todo nos que foron afectados polos incendios do 2017 xa que son as que máis o necesitan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.