Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 10 de Mayo de 2026 a las 10:07:48 horas

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta destaca a capacidade de adaptación e a profesionalidade do sector turístico pontevedrés

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na gala de entrega de premios de Turismo e Hostalería promovidos polo tecido asociativo desta provincia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na entrega dos Premios Turismo e Hostalería da provincia de Pontevedra, un acto organizado pola Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra, a asociación de Hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO), a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (AVIPO) e o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) e que se celebrou esta tarde en Sanxenxo, coa participación dunha ampla representación do sector turístico e hostaleiro da provincia, ademais de autoridades.


O evento permitiu recuperar a celebración dunha gala cuxo carácter anual quedara interrompido pola pandemia.

En total entregáronse unha ducia de galardóns cos que se recoñece o traballo, a promoción e a divulgación da cultura hostaleira, a profesionalidade, a traxectoria profesional, a innovación ou o labor de coordinación na defensa dos intereses do sector durante a pandemia, entre outros.


Durante o acto, Nava Castro puxo en valor precisamente o labor de coordinación entre administracións e sector e destacou a enorme profesionalidade, capacidade de adaptación e resiliencia demostrada desde a irrupción da pandemia: “contamos con excelentes profesionais que foron quen de demostrar capacidade de adaptación para facer fronte a situacións tan difícil como as que tocou vivir; xuntos sairemos reforzados, cun sector máis moderno, competitivo e rendible”, destacou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.