Domingo, 29 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos anima á veciñanza a acoller nenos saharauis

Grazas a o programa Vacacións en Paz nenos saharauis poderán pasar o verán lonxe das altísimas temperaturas dos Campamentos

Desde a concellería mosense de Política Social e Igualdade infórmase de que despois de dous anos sen poder levar a cabo o programa de acollida de nenos saharauis, VACACIÓNS EN PAZ, debido a pandemia; por fin se retoma e os nenos e nenas saharauis poderán vir este ano a pasar os meses de verán a Galicia en xeral e a Mos en particular.

 

O Concello de Mos participa neste programa organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e anima á veciñanza mosense a que se inscriba como familia acolledora. As persoas interesadas poden solicitar información nos servizos sociais municipais.

 

"Fai moita falla que poidan saír dos campamentos o maior número de nenos posibles, xa que están a pasar por momentos moi duros, con moita falla de axuda humanitaria. Coa acollida as familias poderán darlles unha alternativa para evitar a súa estancia nos Campamentos durante os meses de xullo e agosto, por teren as temperaturas máis altas (máis de 50ºC), facilitar a asistencia sanitaria e de alimentación, e promover os valores de solidariedade entre o Pobo Galego e o Pobo Saharaui", declarou a este respecto a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, quen ademáis anunciou que se realizará próximamente unha reunión informativa para todas as familias interesadas en coñecer o programa.

 

As familias acolledoras comprometeranse a acoller aos cativos saharaius durante o verán no seu fogar, sen ter que asumir a viaxe dos mesmos ata Galicia, pois veñen cos billetes de ida e volta pagados.

 

É xa histórica a estadía dos/as nenos/as saharauis que pasan a tempada estival no municipio de Mos grazas ao programa Vacacións en Paz promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.


Desde sempre, e igualmente este ano como non podía ser doutro xeito, os cativos saharauis poden participar ao longo de todo o verán en iniciativas organizadas pola administración local como o campamento infantil estival Mañás de Verán, así como coñecer a piscina ao aire libre de San Eleuterio, acudir a festividades e actividades municipais, deportivas, etc. 


Asistencia médica
Un dos principais obxectivos do programa Vacacións en Paz é a asistencia médica dos nenos e nenas saharauis que veñen en acollida durante o verán.


Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauis recén chegados poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se lles poñen as vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a atención sanitaria a estes nenos e nenas que non poden acceder á mesma no seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta iniciativa solidaria.


Unha causa solidaria que trae sorrisos a nenos e nenas que o necesitan. Para máis información pódese contactar co Concello de Mos, a través dos servizos sociais ou co teléfono 986 26 26 37 (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.