Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 16:25:25 horas

Xornal21.es
Martes, 05 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda contrata 14 desempregados ao abeiro do Plan Concellos

En total, a Deputación de Pontevedra realizou unha achega de 130.917,22€ a través da Liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2022

A semana pasada o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Persoal, Montserrat Magallanes e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español; deron a benvida aos 14 novos traballadores que se veñen de incorporar recentemente grazas á Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.


Nesta benvida, o Alcalde da Guarda, recordoulles que están ao servizo da cidadanía da Guarda, polo que deben de esmerarse nas súas tarefas e realizalas dun xeito correcto para que o conxunto da cidadanía da vila aprecie e poña en valor os seus respectivos traballos.


O Concelleiro de Vías e Obras fixo especial fincapé naquelas habilidades especiais que teñen algún deles, como son os coñecementos en soldadura, pintura, carpintería, albañilería… para tentar optimizar ao máximo e organizar axeitadamente os seus traballos.


Pola súa banda, a Concelleira de Persoal, puxo en valor esta aposta polo emprego de persoas desempregadas que se fai dende o Concello, dando unha oportunidade a moitas persoas para mellorar a súa situación laboral e persoal, agradecendo tamén a achega da Deputación de Pontevedra para este fin.


En total A Guarda conta con 14 novos traballadores que prestarán servizos na recollida de residuos urbanos, limpeza, conserxería e animador sociocultural, con contratos de 6 meses de duración a xornada completa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.