GALICIA
Preto de 23.000 persoas concorrerán ás oposicións de Educación convocadas pola Xunta
As probas celebraranse a partir do 18 de xuño
Un total de 22.919 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade neste 2022, segundo o listado provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. O proceso desenvolverase segundo o sistema habitual, ofrecendo certezas ás persoas que levan anos preparando estas probas, que se celebrarán a partir do 18 de xuño.
Todas elas optan ás 2.484 prazas cuxa convocatoria xa foi publicada. A maiores, sumaranse outras 144 de Formación Profesional ata completar 2.628 prazas en 61 especialidades. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia xa aprobou a Oferta Pública de Emprego (OPE) paras estas prazas de FP, pero non poderá convocarse ata que o Ministerio de Educación publique a norma de desenvolvemento da nova lei de Formación Profesional no relativo ao novo corpo que se crea (profesores especialistas en sectores singulares da FP) e ás especialidades do extinto corpo de profesores técnicos de FP (suprimido pola nova lei de Educación) e que se integran no corpo de profesores de ensino secundario.
No referido á promoción interna, o número de inscritos nas oposicións é de 215 persoas, mentres que as restantes 22.704 persoas están inscritas nalgunha das especialidades de novo ingreso. A distribución de prazas e inscritos nesta última é a seguinte:

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186