Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 10 de Mayo de 2026 a las 10:07:48 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 03 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

David Regades destaca o impacto positivo para a provincia do plan de resposta do goberno

Asegura que "a gandería e a pesca gozan de axudas directas e as bonificacións aos combustibles, o tope nos alugueiros e a inminente rebaixa da luz aliviará a toda a sociedade"

A posta en marcha do Plan de Resposta do Goberno de España diante da situación provocada pola guerra en Ucrania é unha excelente nova para a provincia de Pontevedra. Así o destaca o secretario xeral provincial, David Regades, quen lembra que o Plan, dotado con 16.000 millóns de euros en toda España, trae axudas directas para sectores tan importantes no noso territorio como a pesca ou a gandería.

 

Con todo, Regades recalca que o maior impacto do Plan será para as persoas en situación vulnerable, entre elas as preto de 15.000 que xa perciben o Ingreso Mínimo Vital na nosa provincia, que verán incrementadas nun 15% as contías que xa perciben. Unha medida que súmase á limitación a un 2% da suba dos alugueiros para un total de 150.000 fogares galegos. Ademais, no ámbito laboral, o Plan inclúe accións para protexer o emprego, evitando o despido nas empresas que se acollan aos ERTE, seguindo así a estela da regulación adoptada durante a pandemia.

 

A deputada Olga Alonso subliñou que o Plan Nacional de Resposta amplía o bono social eléctrico a 600.000 familias, unha gran medida para apoiar ás máis vulnerables.

 

A deputada Ángeles Marra explicou que o Goberno está a actuar con determinación, xustiza e unidade con este Plan de Resposta para facer fronte, tamén en Galicia e na nosa provincia, aos graves efectos económicos e sociais da guerra de Putin. “Medidas sen precedentes para protexer ás familias e ás empresas”.

 

Pola súa banda, o deputado Guillermo Meijón indicou que “diante da situación provocada polo sátrapa Putin, o Goberno reaccionou pensando nos sectores máis afectados e que máis necesitaban de axuda; ademais do gran acordo conseguido en Europa para frear a factura da luz, que supón un trunfo de Pedro Sánchez e de Antonio Costa”.

 

O “escudo social” esténdese coa bonificación de 20 céntimos por litro de combustible, unha medida que notarán na súa economía máis de 1,7 millóns de galegas e galegos. Ademais, engade o secretario xeral provincial, David Regades, en poucas semanas notarase a baixada efectiva no recibo da luz despois do éxito acadado polo Goberno de España e o seu presidente, Pedro Sánchez, no último Consello de Europa, logrando a aprobación da “excepción ibérica”. Unha medida, engade o secretario xeral, que tamén terá un reflexo económico para as empresas que están a padecer a carreira alcista dos seus custos enerxéticos.

 

David Regades remarca o peso que na economía provincial ten o sector primario e por iso aplaude os apartados específicos para a pesca e a gandería no Plan de Medidas, dotados cun fondo de 430 millóns de euros. Entre eles os 124 millóns para os produtores de leite de vaca (axudas de entre 80 e 210 euros por cabeza de gando) que é unha medida especialmente pensada para Galicia. Ademais, explicou, a pesca disporá dunha inxección directa de 5 millóns de euros, ademais dos 18 millóns de euros que se estima aforrarán os sectores pesqueiro e agrícola coa bonificación temporal dos carburantes.

 

“Estamos a vivir momentos moi convulsos, cunha guerra que chega despois dunha pandemia”, afirma o secretario xeral dos/as socialistas, “e só unha visión progresista da política, como a do Goberno de España, permite protexer ás familias, ás empresas e aos sectores vulnerables da sociedade. “Moi ao contrario do que sucedeu na anterior crise económica, cando en España gobernaba un partido que optou polo sálvese quen poida, agora afrontamos xuntos as dificultades e temos moi claro que tralas situacións de dificultade non pode emerxer un país con máis desigualdade e inxustiza social, senón todo o contrario”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.