Viernes, 06 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 05 de Marzo de 2026 a las 22:44:28 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 08 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
Val Miñor

O persoal do GES do Valmiñor denuncian falta de transparencia no proceso de estabilización do emprego

A Sección Sindical da CNT nos GES do Valmiñor solicita a transparencia nas bases para a estabilización do persoal laboral fixo.

O servizo dos GES no Valmiñor está a sufrir momentos de grande tensión entre o persoal que pode desencadenar graves consecuencias no correcto desenvolvemento do servizo. A CNT chama ao entendemento e ao diálogo para evitar que sexa a cidadanía a que pague a falla de consideración da delegada de persoal.

 

A negociación que se está a levar a cabo marca as bases do concurso de méritos e o proceso de estabilización, que definirán que persoal consolida a súa praza. A Delegada de persoal está tratando de negociar, unilateralmente, unhas bases que a beneficien a ela e ao persoal achegado a ela, sen ter en conta a opinión e os dereitos do resto de traballadores e traballadoras.

 

Tras a reunión mantida os días 10 e 21 de marzo de 2022 entre a Mancomunidade con traballadores dos GES, a CNT observa unha grave falta de transparencia e de diálogo, xa que os traballadores de baixa temporal non son informados e non lles permiten asistir nin acceder ao centro de traballo para participar das conversas.

 

Unha sentenza xudicial ven de constatar a división dos e das traballadoras, tras o acontecido o 30 de xuño do pasado ano, cando D. Juan Francisco Ferreira González, presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, como xefe de persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), emitiu o comunicado que impedía ás traballadoras en situación de incapacidade temporal acudir ao Centro de Traballo para formar parte das negociacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.