Domingo, 29 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

O IV Plan de Igualdade de Mos desvela que a implicación coa igualdade real segue a ser maioritariamente feminina

Na fase previa de avaliación e enquisas do cuarto Plan participaron un 86% de mulleres e só o 14% de homes. Sen embargo demostra que os mosenses son unha poboación concienciada coa igualdade, pois o 100 % das persoas que participaron afirma que a realización destes plans é sumamente importante

Finaliza a programación conmemorativa do Mes da Muller en Mos coa presentación do novo Plan Municipal de Igualdade. Onte pola tarde presentouse o IV Plan de Igualdade do Concello de Mos 2022-2025 que demostra que os mosenses son unha poboación concienciada coa igualdade. Na fase previa de enquisas correspondente ao período de avaliación o 100 % das persoas que participaron afirma que a realización dos Plans de Igualdade é importante para o desenvolvemento do seu Concello. O 95 % das persoas que participaron na enquisa sabe o que é un plan de igualdade e o 5 % restante afirma que non.

 

Pero demostra tamén que as mulleres seguen a estar máis comprometidas coa igualdade que os homes: do total das persoas que cumprimentaron a ficha de recollida de información, o 86 % eran mulleres mentres que homes só o 14 %. As persoas participantes nas enquisas pertencen aos diferentes departamentos do Concello, e representantes de entidades deportivas, culturais, educativas e sociais.

 

Ademais da presentación do Plan, tivo tamén lugar  unha charla formativa en igualdade para implementar precisamente este IV Plan de Igualdade do Concello de Mos e como primeira actividade do mesmo, dirixida a asociacións, clubes deportivos, ANPAs e centros educativos do municipio, na que participaron un total de 25 destes colectivos. Impartida por Carmen Raña (Educadora) da  Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo. Coa presentación do Plan e esta actividade formativa inícianse as actuacións que veñen recollidas no IV Plan de Igualdade.

 

Este cuarto Plan é o primeiro elaborado polo Concello de Mos contando cun CIM (Centro de Información á Muller), xa que o terceiro Plan corresponde ao período 2015-2018 (con prórroga ata a actualidade) e o CIM de Mos creouse en 2017. O CIM mosense atende a unha media de 100 usuarios ao ano e desde a súa creación prestou atención a 35 vítimas de violencia de xénero.

 

Este IV Plan de Igualdade é o primeiro que se crea desde que Mos ten CIM, pois cando empezou o CIM, en xullo do 2017, xa estaba en marcha o III Plan de Igualdade 2015-2018. O IV é un Plan que parte dun gran traballo desde o CIM. Este IV Plan de Igualdade vai marcar un novo impulso para a sensibilización en igualdade e a prevención da violencia de xénero no Concello de Mos, xa que parte do traballo que se vén realizando desde o CIM e, por outra banda, a situación de cambio na forma de afrontar as situacións tras a pandemia lévanos a unha reconsideración da nosa actuacións na loita pola igualdade e a prevención da violencia de xénero.

 

Ademais este IV Plan é máis ambicioso no que a liñas estratéxicas e medidas de actuación e intervención se refire, ampliando en 3 (pasa de 5 áreas de actuación a 8) os ámbitos nos que intervir con diferentes iniciativas de promoción da igualdade real. No terceiro Plan propoñíase intervir nas áreas de formación e emprego, conciliación e benestar social, prevención da violencia de xénero, educación e participación cidadá, e eido local. Ampliándose no cuarto ás áreas de cultura, deporte e saúde.

 

O IV Plan municipal igualdade 2022-2025 do Concello de Mos conta con subvención da Deputación de Pontevedra de 5.126 € no marco das Axudas para o Fomento da Igualdade de Oportunidades e Prevención da Violencia de Xénero para concellos de menos de 20.000 habitantes do ano 2021.

 

Foi aprobado por unanimidade en Pleno o pasado 7 de febreiro e elabórase desde a concellería de Política Social e Igualdade do Concello de Mos e do CIM.

 

Tanto persoal do Concello como membros do tecido asociativo municipal participaron na fase de avaliación mediante enquisas.

 

O obxectivo do Plan Municipal de Igualdade é lograr unha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos da vida municipal. O 4º Plan de Igualdade servirá de guía e marco para promover e fixar pautas de fomento da equidade entre sexos, tanto entre os traballadores e traballadoras municipais como entre a veciñanza mosense en xeral.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.