Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 08:53:24 horas

Xornal21.es
Viernes, 08 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra presenta aa “Pequena enciclopedia da fotografía (fragmentada)”

Con este catálogo a creadora busca deconstruír a imaxe que durante a historia da arte se deu das mulleres e dos seus corpos en busca dunha visión igualitaria

A mostra “Pequena enciclopedia de fotografía (fragmentada)” da artista canguesa Rosa Neutro -exposta entre xaneiro e marzo na sede da Deputación en Vigo- ven de materializarse nun volume que recolle unha serie de imaxes coa combinación de dous soportes como son a fotografía e a pedra para deconstruír a imaxe que durante toda a historia da arte se deu das mulleres e dos seus corpos. O catálogo foi presentado pola presidenta Carmela Silva, acompañada da propia artista e da deputada Victoria Alonso, quen destacaron as imaxes do libro, que amosan un novo xeito da creadora de construír unha peza artística a partir de pedras ou cascallos recollidos na rúa.

 

A presidenta provincial puxo sobre a mesa que “a arte está orfa dunha ollada feminina e consideramos unha responsabilidade irrenunciable das administracións públicas impulsar proxectos coma este, que nos conviden a revisar o aprendido cunha mirada crítica e construtiva”. Do mesmo xeito, quixo deixar claro que con obras e exposicións como a de Rosa Neutro e outra morea de accións que a institución provincial ten levado a cabo nos últimos sete anos “desde a Deputación de Pontevedra estaremos sempre ao lado das artistas, novas e consagradas, para axudar a visibilizar o seu talento e dotar de referentes femininas ás novas xeracións que están hoxe formándose. É unha cuestión de xustiza”.  

 

 

 

 

Carmela Silva: “Estaremos sempre ao lado das artistas para visibilizar o seu talento e dotar de referentes femininas ás novas xeracións. É unha cuestión de xustiza”

 

 

 

 

Rosa Neutro comezou con este proxecto en 2018 como un “xogo” no que se apropiou de imaxes e fragmentos doutros autores para construír un relato no que se amosa o xeito no que foron representadas as mulleres e os seus corpos nas artes, coa intención de deconstruír o aprendido a través das citadas obras. Así, a creadora segue a súa liña artística e continúa a indagar en cuestións que teñen que ver coa construción da identidade das mulleres, coa reconstrución da historia dende unha ollada feminista e coa superación dos estereotipos machistas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.