PONTEAREAS
Os veciños e veciñas de Arnoso trasladan ao PSOE as melloras do proxecto da N-120
Onte o PSOE acudiu á parroquia de Arnoso para manter un encontro cos veciños e veciñas e así poñer en común o Proxecto de Mellora da Seguridade Vial da estrada N-120. Neste encontro o Secretario Xeral, Delfín Domínguez, explicou que o Partido Socialista se pon a disposición dos veciños e veciñas para recoller todas aquelas melloras que se poden aportar ao Proxecto da N-120.
Así mesmo o Secretario Xeral dos socialistas indicou que “ten que ser o goberno de Ponteareas o que canalice as demandas conxuntas das parroquias e presente alegacións ao Proxecto de Mellora da Seguridade Vial, acompañadas dos informes técnicos precisos que as sustenten”, afirmou Delfín Domínguez.
O goberno socialista de Pedro Sánchez atendendo á demanda hstórica de Ponteareas, redactou o Proxecto de Mellora da N-120 que ten como obxectivo a reducción dos accidentes mortais nesa estrada que vertebra o municipio. Agora é o momento para poder mellorar este proxecto mediante as alegacións dos veciños e veciñas e dos organismos públicos como o propio Concello de Ponteareas.
“É moi importante que tódolos veciños e veciñas coñezan que hai dous prazos para poder alegar: os que teñen algunha propiedade afectada por unha expropiación teñen ata o 20 de abril para poder alegar, mentras que as alegacións ao Proxecto poden presentarse ata o 4 de maio, período ao que se somete a información pública. Non queremos que ninguén se vexa privado do seu dereito a alegar”, afirma Delfín Domínguez.
Este proxecto é unha obra fundamental para Ponteareas e queremos que conte co maior consenso posible. O Partido Socialista, unha vez máis, atende as demandas do noso concello e agora é o momento das aportacións veciñais que contarán con noso apoio, afirma desde o PSOE de Ponteareas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49