A GUARDA
A Xunta colabora co Concello da Guarda na mellora das dependencias da Policía Local
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron a semana pasada a obra levada o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron o concello da Guarda ao que o Goberno galego destinou preto de 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de uso público para a reforma e adecuación das dependencias da Policía Local e financiou por renting un vehículo Eco para a mobilidade sustentable que vai ser empregado pola Policía Local.
Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou unha axuda para levar a cabo a reforma e adecuación a norma das dependencias da Policía Local e con esta reforma preténdese a renovación das instalacións, mellorando a zona de atención o público, vestiarios e aseos así como creando un novo espazo para oficinas e sala de xuntas.
Ademais, o concello solicitou tamén a axuda para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de Policía Local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental, contando cun novo vehículo para a unidade medioambiental da Policía Local con distintivo ambiental cero emisións ou Eco.
Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas como esta
A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para levar a cabo iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía e incidiu no compromiso do Goberno galego por manter o apoio que precisan os concellos con actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.
Nesta liña, indicou que este concello recibiu nos últimos anos preto de 1,4 millóns de euros para a rehabilitación de edificio para sede do concello, instalación acometida subterránea para compactadora no punto limpo, adaptación das instalacións existentes en baixa tensión e instalacións de fontanería no pavillón de deportes, e mellora da calidade da prestación dos servizos públicos nas dependencias municipais do concello da Guarda, entre outras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149