O PORRIÑO
Alfonso Rueda destaca o “cambio” que o PP está impulsando no Porriño
O presidente provincial reuniuse coa xunta local do partido
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a xunta local do partido, na que analizaron os tres primeiros meses de Goberno popular neste concello. Rueda salientou “o cambio” que os populares están impulsando, froito do traballo “intenso e comprometido” de todos os concelleiros. “Cando se fai traballo en equipo as cousas saen ben. E aquí hai un grupo organizado, que contaxia ilusión e que sempre está pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía”, sinalou.
Para o popular, “queda demostrado que o PP tiña un proxecto para O Porriño que só en tres meses xa está dando os seus primeiros resultados”, e por iso animou a toda a xunta local a seguir traballando “co mesmo compromiso” que ata o de agora.
“Alejandro Lorenzo está facendo un traballo moi importante nun momento moi delicado, no que toca ser máis sensibles que nunca cos problemas e necesidades da cidadanía”. Un traballo que, a xuízo do presidente provincial, “está sendo recoñecido tamén polos veciños do Porriño”.
Durante o encontro, os asistentes tamén amosaron a súa preocupación pola situación económica actual, que está asfixiando as economías domésticas. Rueda dixo que “o Goberno galego leva semanas tomando decisións, como a aprobación dun paquete de medidas para paliar as consecuencias da alza de prezos e para achegar liquidez ás empresas no ámbito das competencias autonómicas”. E lamentou “as folgas, conflitos, desabastecemento e o colapso da Axencia Tributaria que está provocando o PSOE. É unha realidade que contamos co Executivo máis lento de Europa e co que ten a peor política económica. Temos o peor Goberno no peor momento posible”. Nesta liña, puxo de relieve que no PP “temos moi claro que hai que facer unha baixada de impostos, especialmente ás rendas medias e baixas, con carácter temporal, para compensar os efectos da inflación”.
Esta reunión está enmarcada no calendario de xuntanzas que Alfonso Rueda está mantendo por toda a provincia para escoitar ás directivas locais, facer unha análise da situación do partido e falar da súa organización de cara ás eleccións municipais do ano próximo. “Queremos escoitar aos nosos afiliados, escoitar propostas ou queixas, todo o que teñan que dicir e falar tamén do traballo que se está realizando”, explicou.
Rueda estivo acompañado polo secretario do PP de Pontevedra, Luis López; e a vicesecretaria provincial, Marta Fernández-Tapias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218