Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 08:53:24 horas

Xornal21.es
Lunes, 11 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación estima para semana santa unha ocupación media superior ao 60%

As vivendas turísticas, cunha ocupación media do 80% e os aloxamentos rurais con preto do 70% sitúanse ao fronte das preferencias nas reservas

A falta de reservas de última hora, condicionadas polas novas formas de planificar das persoas que viaxan e tamén pola climatoloxía, a Deputación de Pontevedra estima para esta Semana Santa unha ocupación media nos establecementos turísticos da provincia superior ao 60%, con porcentaxes dez puntos superiores nos días festivos, entre xoves santo e domingo. Novamente, as vivendas turísticas, cunha estimación de ocupación media en torno ao 80%, e os aloxamentos rurais, con preto do 70%, sitúanse ao fronte das preferencias das viaxeiras e viaxeiros segundo as reservas feitas ata hoxe. Con estas previsións, que poderían mellorar substancialmente dependendo do tempo, Rías Baixas recuperaría os niveis previos á pandemia e consolidaría os seus datos como destino favorito en Galicia e un dos mellores do Estado.

 

Aínda que neste período vacacional é frecuente que as reservas se pechen na última hora, as expectativas de Turismo Rías Baixas son positivas o que confirma que a calidade do destino Pontevedra Provincia prémiase por riba de factores conxunturais. No sur da provincia, concretamente na comarca de Vigo e nos municipios de Baiona e Nigrán, agárdanse porcentaxes que durante a semana superarán o 60% e nos días festivos rozarán o 90%. Noutras zonas como Sanxenxo as previsións apuntan xa a preto do 80% de ocupación nos establecementos hoteleiros de superior categoría durante os días festivos.

 

Pola súa banda, no que respecta ás vivendas turísticas, a provincia acadará unha ocupación media superior ao 80% durante a Semana Santa, xa que tense convertido na zona de maior demanda de vivendas turísticas de Galicia. Estes establecementos, a día de hoxe, trátanse dos que rexistran o maior número de reservas debido, principalmente, á tendencia xerada na pandemia pero tamén á maior demanda de aloxamentos familiares.  Ademais están xa a recibir reservas para o verán o que augura unha excelente temporada para as vivendas turísticas da provincia. En canto aos aloxamentos de turismo rural, Turismo Rías Baixas estima unha ocupación media para toda a provincia de preto do 70%.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.