Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 08:53:24 horas

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A nova Lei estatal de residuos “recoñece e bendice” o revitaliza

César Mosquera anuncia que o novo texto normativo obriga aos concellos a recoller de maneira separada os biorresiduos e pon a compostaxe como un dos métodos máis aconsellables

A nova Lei de Residuos e Solos Contaminados que vén de ser aprobada polo Congreso nos últimos días “recoñece e bendice” o enfoque do Plan Revitaliza da Deputación para cumprir os obxectivos de reciclaxe europeos. Así o confirmou o presidente en funcións César Mosquera, quen explicou que o novo texto normativo obriga a separar e a recoller de maneira separada os biorresiduos e recoñece a compostaxe como un dos métodos máis aconsellados para realizar esa separación.

 

“O que viñemos facendo no Revitaliza de tratar os biorresiduos mediante composteiros individuais, o que non se puidera con composteiros comunitarios e o resto cos colectores marróns queda totalmente recoñecido e bendicido na lei, que di que a compostaxe é un dos métodos máis aconsellables para tratar o orgánico”, subliñou o nacionalista, quen destacou que a Deputación leva tempo preparándose e avanzando na liña das novidades para que os concellos da provincia estivesen o mellor preparados posibles para interiorizar a nova normativa. Neste sentido, asegurou que ademais de Cataluña e Navarra, a provincia de Pontevedra será a que mellor poida adaptarse á nova lei.

 

O texto será publicado nos vindeiros días no BOE. Segundo Mosquera consolida unha “auténtica revolución” no mundo dos residuos municipais. O primeiro dos aspectos salientables é que será obrigatorio separar os residuos de distinta tipoloxía, especialmente os biorresiduos -que antes non estaban incluídas entre as fraccións esixidas-, e recollelos tamén de maneira separada nos concellos de máis de 5.000 habitantes.

 

O fin último do novo texto será cumprir os obxectivos de reciclaxe e reutilización de residuos, tendo que dar contas sobre os avances (á Xunta de Galicia) baixo ameaza de sanción. A norma tamén esixe de maneira obrigatoria un servizo de inspección (que a Deputación ten en marcha para os concellos da provincia que se queiran adherir), e tamén esixirá a modificación de todos os contratos do lixo que están en vigor. “Nestes momentos non hai ningún adaptado. Hoxe en Pontevedra presentouse o primeiro que si o está, por iso se tardou tanto en preparar”, subliñou.

 

Viaxe a Cataluña
Co fin de avanzar e dar a coñecer diferentes sistemas de tratamento e recollida de residuos, Mosquera anunciou que a Deputación vai financiar aos concellos da provincia unha viaxe a Cataluña, Navarra e País Vasco a finais do mes de maio. Alí observaranse e estudiaranse ‘in situ’ sistemas de recollida tipo ‘Porta a Porta’ (PaP) e ‘Pago por xeración’ (PpX) xa implantados e visitar diferentes instalacións de compostaxe mixta de biorresiduos agrogandeiros e municipais.

 

Poderán participar tódolos concellos da provincia, tendo prioridade os oito municipios actualmente na Liña II do Revitaliza (O Grove, Mondariz, Mondariz balneario, As Neves, Vilaboa, Illa de Arousa, Tomiño e Valga), que poderán propoñer até dúas persoas, coa condición de que unha delas sexa cargo político. Seguindo na preferencia estarán os concellos actualmente na Liña-I, con dereito a unha única praza –preferiblemente de cargo político- e, por último, o resto dos concellos da provincia ata esgotar prazas.

 

Finalmente, Mosquera deu a coñecer o contrato de subministración de 100 caixóns de estruturante e de ferramenta para dar servizo aos centros de compostaxe comunitaria da provincia que foi aprobado en Xunta de Goberno e que se sacará a licitación en breve.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.