DEPORTES
Festival galego no peche da Volta a Portugal do Futuro
Raúl Casalderrey (Supermercados Froiz) impúxose na chegada a Castelo Branco e Iván Dias (Selección de Galicia) fixo segundo
A 29ª edición da Volta a Portugal do Futuro rematou ao grande para o ciclismo galego este domingo en Castelo Branco. O poiense Raúl Casalderrey (Supermercados Froiz) adxudicouse a cuarta e última etapa con oito segundos de vantaxe respecto ao pelotón que entrou encabezado polo vigués Iván Dias (Selección de Galicia).
Un dobre éxito autonómico para despedir a rolda máis prestixiosa do calendario luso sub23.
A derradeira xornada de competición non foi precisamente un paseo para coroar ao gañador da xeral, o costarriqueño Gabriel Francisco Rojas (Essax). Ao día seguinte da tirada raíña, os corredores tiveron que afrontar o percorrido máis longo de toda a volta: 150 quilómetros, con saída en Gouveia, que no seu treito inicial transcorrían pola Serra da Estrela.
Despois de ascender os altos de Penha Douradas (2ª categoría) e Serra da Gardunha (3ª) o pelotón neutralizou na aproximación a Castelo Branco a todos os fugados, incluído ao portugués Afonso Silva (Kelly-Simolde), que chegara a dispor dunha vantaxe superior aos 3 minutos. Dentro dos últimos 10 km produciuse o ataque de Casalderrey. O representante do Supermercados Froiz acumulou unha diferenza de 40 segundos que soubo administrar para erguer os brazos na liña de meta.
Mentres o de Poio festexaba o triunfo, o vigués Dias demostraba a súa punta de velocidade e a baza que o seleccionador Jacobo Ucha se gardou para o desenlace da etapa impúxose no esprint de pelotón. Un 'dobrete' para o ciclismo galego que estivo a piques de contar cun terceiro corredor no top-10 posto que o ponteareán Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) entrou duodécimo.
Na xeral final da Volta, o mellor ciclista autonómico foi Casalderrey, undécimo a 4:20 do líder. Por parte da Selección de Galicia, Andrés Taboada obtivo a 30ª posición, Sergio Lorenzo concluíu 53º e a Dias, quinto na clasificación dos puntos, e a David Pollán correspondéronlles o 70º e o 71º posto, respectivamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218