VIGO
A Xunta destina preto de 198.000 euros a 20 comunidades de usuarios de augas da área territorial de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou a Comunidade de Usuarios de Augas de Xestoso, en Bembrive, para comprobar os traballos que se están a realizar
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitouesta semana a Comunidade de Usuarios de Augas de Xestoso, en Bembrive, para comprobar os traballos de reforma e reparación que se están a realizar ao abeiro da liña de axudas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dirixida á mellora da calidade das augas dos sistemas de abastecemento veciñais.
No caso concreto de Vigo resultaron beneficiarias na convocatoria deste ano as comunidades de usuarios de Naia, Sabaxans e Cortellas, a do barrio Carballal en Cabral e a citada de Xetoso en Bembrive. A estas se suman na área territorial, as de Coiro (Cangas) e Meira de Abaixo e Palmas Costa de Moaña; Cantín, Mina do Ferreiro, Campo do Monte Santa Marta e Casal, Casalmorto e Roublin (Mos); Revolta e Rotea Camos (Nigrán); Chaín (Gondomar); San Jorge de Mosende (O Porriño); Negros e Río das Cabras (Redondela); e Outeiro, Castro Barreiro, A Feira e Santos Justo y Pastor (Salceda de Caselas).
Tal e como informou a representante autonómica, o obxectivo é impulsar actuacións que melloren a prestación do servizo de abastecemento de auga para consumo humano e a calidade de auga xestionadas por comunidades de usuarios, fomentando o emprego eficiente dos recursos hídricos.
Estes incentivos cobren o 80% do financiamento das actuacións, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto. O 20% do financiamento restante debe ser achegado pola propia comunidade de usuarios beneficiaria da subvención, sendo compatible con outras subvencións ou axudas.
A delegada recordou que a Xunta lanzou no ano 2020 a primeira convocatoria destas axudas, en apoio do importante papel das traídas veciñais no ámbito rural ao ser, en moitas ocasións, a solución máis eficiente para abastecer a poboacións que se atopan máis afastadas.
No que atinxe á área territorial de Vigo, no marco desta primeira convocatoria, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade concedeu 18 axudas para a implantación e o desenvolvemento de proxectos de mellora da calidade de auga das traídas veciñais, cun investimento de 174.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175