Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 18 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
OIA

A unidade móbil de “Coidados porta a porta” estará en Oia do 25 ao 28 de abril

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” que a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha visitará Oia este mes de abril, ofrecendo consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase na explanada do campo de fútbol de Oia os días 25, 26, 27 e 28 deste mes.

 

Este servizo gratuíto está dirixido a persoas maiores de 55 anos. Funciona con cita previa, que pode solicitarse chamando ao teléfono 622.748.283 ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. A inscrición previa tamén pode facerse no teléfono do Concello de Oia: 986.36.21.25.

 

[Img #75350]Ademais, o día 25 ás 12.30 horas haberá unha charla na Casa Consistorial na que se explicará en que consiste a iniciativa e se poderán consultar dúbidas.

 

O programa “Coidados porta a porta” inclúe tres tipos diferentes de servizos: podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Cada sesión concertada pode ter unha duración de ata 45 minutos. Segundo a especializade, as actuacións serán as seguintes:

  • Servizo de podoloxía con consulta básica, onde se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas e se procederá a eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Servizo de audioloxía, no que se fará unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria, cun profesional que realizará una valoración cognitiva e proporcionará pautas para previr e minorar posibles deterioros.

 

Este programa sociosanitario achega servizos asistenciais a maiores que viven no rural co obxectivo de previr a dependencia e percorre os distintos concellos de Galicia para que as persoas usuarias poidan permanecer coidadas na súa contorna. En total, 8 autobuses visitarán máis de 300 localidades e permanecerán entre 3 e 4 días en cada municipio, atendendo con cita previa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.