CULTURA
Beatriz Cabaleiro, finalista nos premios Frei Martín Sarmiento
O seu libro “Clover. Unha porquiña diferente” opta ao galardón na categoría 1º e 2º de primaria
“Clover, unha porquiña diferente” é finalista no premio literario Frei Martín Sarmiento. A autora, a porriñesa Beatriz Cabaleiro, foi recibida no Concello polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Cultura e Educación, Bienvenido Estévez e Carolina González, para darlle a noraboa pola súa nominación e desexarlle moita sorte.
O libro, un dos poucos álbumes ilustrados bilingües en galego e inglés, opta a facerse co galardón na categoría de 1º e 2º de primaria. En maio saberemos se a autora, xunto coa ilustradora Blanca Millán, reciben o premio.
“Clover”, o debú literario de Beatriz Cabaleiro, é unha obra de literatura infantil publicada por Aira Editorial que conta as andanzas dunha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, chamarán a atención das súas compañeiras e espertarán as súas supicacias. A través das súas páxinas os pequenas/os lectoras/es entenderán a importancia de respectar a diversidade e afondarán nos valores do respecto e a igualdade.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, felicitou a Beatriz e amosou o seu “orgullo porque O Porriño estea formado por xente coma ti, comprometida coa cultura e co seu pobo” e animouna a seguir “dando o mellor de ti mesma e facendo sempre o che apaixona. Esta nominación, e o premio que estou seguro recollerás, dan boa conta da importancia do teu traballo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60