GALICIA
As vendas de produtos do mar co selo de calidade ‘Pescaderías’ volven en 2021 a niveis prepandemia
A marca, creada pola Xunta para avalar a frescura, orixe e sustentabilidade do peixe e marisco ao consumidor, conta xa con 136 axentes certificados e 350 comerciantes, tendas e restaurantes adheridos
O sector pesqueiro galego resistiu mellor ca outras actividades económicas o impacto da alerta sanitaria polo coronavirus e o selo de calidade dos produtos do mar pescadeRías, de onde se non? é un bo exemplo desa mellor evolución. Os peixes e mariscos amparados por este distintivo da Xunta de Galicia aumentaron en 2021 case un 30% en relación co ano anterior, ata roldar as 14.400 toneladas, cifras semellantes ás rexistradas antes da pandemia.
A mellora nos datos de produto comercializado con esta etiqueta -creada polo Executivo galego para garantir a frescura, orixe e sustentabilidade do peixe e marisco capturados pola frota artesanal- viuse acompañada ademais dun crecemento tanto no número de entidades certificadas como adheridas ao selo, que veñen incrementándose de xeito constante desde a súa creación.
Na actualidade hai 136 axentes certificados -lonxas e centros de primeira venda, centros de depuración e/ou expedición, distribuidores e empresas de transformación- así como 350 axentes adheridos, entre comerciantes polo miúdo, restaurantes e tendas online.
As lonxas con maior volume de recurso certificado posto no mercado durante o ano pasado son Ribeira, Noia, Malpica e Corcubión
Entre as lonxas certificadas co selo pescadeRías destaca a de Ribeira, que é a que máis produtos do mar comercializou con este distintivo en 2021, con preto de 2.400 toneladas. De feito, o centro de primeira venda ribeirense puxo no mercado preto do 17% dos peixes e mariscos amparados por esta etiqueta, por diante de Noia, que roldou as 1.700 toneladas e preto do 12% do total. A continuación aparecen Malpica (1.480 toneladas), Corcubión (1.075 toneladas) e Portonovo, con máis de 970 toneladas.
Por especies comercializadas, hai dúas -a vieira e ostra- nas que toda a produción se vendeu baixo o selo pescadeRías, mentres que outras moitas acadan índices de arredor do 90% do total. É o caso do berberecho (máis de 1.500 toneladas), da ameixa xaponesa (máis de 1.400 toneladas) ou do polbo (944 toneladas), as especies con maior volume de ventas rexistradas.
‘pescadeRías’
O selo pescadeRías, de onde se non? é unha marca de calidade creada e rexistrada pola Xunta de Galicia que acredita que os produtos da pesca artesanal e do marisqueo están convenientemente identificados, teñen un alto nivel de frescura e se comercializan por empresas situadas na comunidade autónoma que cumpren determinados requisitos de calidade, ademais dos exixidos pola lexislación no ámbito da seguridade alimentaria e do respecto ao medio ambiente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186