Viernes, 15 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 21:27:42 horas

Xornal21.es
Viernes, 22 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
DEPORTES

A Deputación envórcase co Dia Mundial do Libro

O acto central do próximo sábado será a presentación de “Tes cinco minutos #2”, a escolma de relatos da segunda edición da Escola de Letras, e dun audiovisual de mulleres do deporte que len fragmentos dos seus libro favoritos

[Img #75420]Como cada 23 de abril a Deputación de Pontevedra festexará o próximo sábado o Día Mundial do Libro e farao ao grande. A cita será ás 12.00 horas nun lugar con moito significado para o eido da escritura como é a Sala Rosalía da institución provincial en Vigo, coa que se rende unha homenaxe á escritora en galego por excelencia. O acto central deste ano será a presentación do libro “Tes cinco minutos #2” que recolle a selección do traballo de 27 das persoas que participaron na II edición da Escola de Letras, que a Deputación impulsa coa Editorial Galaxia, amosando o talento e a canteira coa que conta a literatura galega. Ademais de presentar o traballo realizado polo alumnado, as e os profesores desta iniciativa cultural, dirixida por Francisco Castro, falarán da experiencia vivida como docentes da primeira escola deste tipo en Galicia e dunha das poucas do Estado.

 

No acto, que xa ten as inscricións abertas para as persoas que desexan asistir en participa.cultura@depo.es a Deputación tamén dará voz a sete mulleres referentes no deporte da provincia a través dun audiovisual coa lectura de fragmentos dos seus libros favoritos. Elas son a esgrimista Judith Rodríguez, a futbolista Paula Dapena, a atleta Susana Rodríguez, a árbitra de fútbol Elena Casal, a adestradora de balonmán Irene Vilaboa, a presidenta da Federación Galega de Atletismo, Charo Castro, e a piragüista Támara Echegoyen. As persoas asistentes poderán desfrutar tamén da voz de Leticia Rey, cantautora de Vila de Cruces e inscrita no catálogo de “Descúbreas”, o programa coa que a Deputación apoia ás mulleres da industria musical. Leticia Rey, acompañada pola súa guitarra, interpretará tres temas musicais: “Baleiro”, unha composición propia, “Setestrelo”, de Berrogüeto, e a canción popular “Alalá das Mariñas”.

 

 

 

 

A sede da Deputación en Vigo tamén albergará a mostra “Contos e países. Historias que viaxan”, na que se fai un percorrido pola literatura infantil

 

 

 

 

A programación formulada pola Deputación para este día complétase coa exposición “Contos e países. Historias que viaxan”, comisariada por Silvia García, que estará presente na Sala Rosalía de Castro ata o 15 de xuño. Trátase dunha mostra didáctica na que se fai un percorrido pola literatura infantil con referencias a contos clásicos como os de Andersen ou Perrault. A exposición tamén aborda cuestións de xénero coa confrontación de libros dirixidos á docilidade das nenas que se inculcaba durante o franquismo con outros que contan historias que as fan independentes como “Pipi Meidaslongas”. Nela tamén se poderán ver libros que reflicten a historia colonial ou outros que amosan a relación da literatura española e galega con outros países.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.