VIGO
Xacobeo 21-22 presenta en Vigo o documental “outros camiños”
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presenta xunto ao cineasta galego Rubén Riós o documental “Outros camiños” no que se adentra no proxecto da Asociación Discamino de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este pasado martes o lanzamento do documental “Outros Camiños” producido polo cineasta galego Rubén Riós. A cinta recolle o proxecto que leva a cabo a Asociación Discamino de Vigo e amosa a visión máis social da ruta xacobea.
A obra, apoiada pola Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22, trata a visión máis social do Camiño de Santiago e amosa a experiencia de vida das persoas con diferentes discapacidades. “A inclusión é un obxectivo prioritario para a nosa sociedade e para a Xunta, podedes contar comigo e co Goberno galego para colaborar e avanzar na accesibilidade”, sinalou a representante autonómica.
O acto celebrouse no hall da Delegación da Xunta coa presenza da delegada da Xunta, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o produtor Ruben Ríos, o presidente de Discamino, Javier Pitillas, e dous dos protagonistas da cinta, David Gil e Paula.
“A inclusión é un obxectivo prioritario para a nosa sociedade e para a Xunta, podedes contar comigo e co Goberno galego para colaborar e avanzar na accesibilidade”, sinalou a representante autonómica
Ríos explicou durante a presentación que o documental “Outros Camiños” fai mostra dunha profunda experiencia de vida a través dun grupos de persoas con parálise cerebral enmarcada nun clima cargado de enerxía positiva. “Tomamos como escenario os espazos inigualables do Camiño de Santiago e achegamos ao espectador unha realidade máis inclusiva e accesible”, explicou.
A través do documental os catro protagonistas (Fani, Paula, David e Javichi) axudan a coñecer a relación entre as persoas que percorren máis de 500 quilómetros do Camiño de Santiago. Tamén amosa o proxecto da Asociación DisCamino, comandada por Pitillas, quen relatou que xa realizaron en quince ocasións a ruta xacobea.
A cinta é obra da produtora Claqueta Coqueta, especializada no ámbito da exclusión e vulnerabilidade social. O seu director, Rubén Riós, xa foi recoñecido polo seu traballo “Máis ca vida”, realizado por persoas con discapacidade intelectual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175