Viernes, 06 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 06 de Marzo de 2026 a las 19:03:24 horas

Xornal21.es
Sábado, 23 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O 2 e 3 de xullo 'Ars Canendi' celebra o seu 'I Certame Internacional de Música Coral'

O evento estaba previsto para o ano 2020 pero tivo que ser aplazado pola pandemia

O Concello de Nigrán organiza despois de dous anos paralizado pola pandemia o I Certame Internacional de Música Coral "Ars Canendi: As voces no Camiño". O primeiro certame internacional de coros que se celebra en Galicia e que repartirá un total de 6.500 euros en premios. O concurso terá lugar os días 2 e 3 de xullo no Templo Votivo do Mar de Panxón e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de maio, , dispondo todas as formacións interesadas da información completa na web municipal. O grupo gañador recibirá 3.000 euros, o segundo 2.000, o terceiro 1.000 e haberá un premio de 500 á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, "Ave Maris Stella", de Javier Fajardo. A concelleira de Cultura, Nuria Lorenzo, directora do coro Gli Appassionati, quere "converter a Nigrán nun referente nacional e mesmo internacional da música coral de calidade".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.