Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 22 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O proxecto EcoYouth no Porriño: colaboración para a educación e a sustentabilidade

Estudantes de Cabo Verde, Mozambique e Portugal visitaban esta semana a vila no marco do proxecto europeo

Os participantes no proxecto EcoYouth, coordinado polo Concello do Porriño e financiado con fondos da Unión Europea, foron recibidos esta semana na casa consistorial do Porriño pola alcalde, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Educación, Carolina González, e a concelleira Lourdes Moure.

 

Trátase dunha iniciativa na que participan o instituto porriñés Ribeira do Louro, a Universidade de Cabo Verde e asociacións de Portugal e Mozambique, que ten como obxectivo promover o empoderamento da mocidade na loita contra o cambio climático nos países participantes no proxecto.

 

As diferentes delegacións estarán no Porriño ata hoxe venres desenvolvendo diferentes accións e actividades e seminarios dirixidos a empoderar á mocidade para facilitar a transición ecolóxica.

 

A primeira delas, tivo lugar o martes. Os participantes no proxecto visitaron as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable dos Valos e a Estación Depuradora de Augas Residuais, en Guillarei.

 

O alcalde e a concelleira de Educación acompañáronos nesta primeira xornada onde profundizaron na xestión de residuos, a depuración e o ciclo integral da auga.

 

“Esta experiencia está a ser moi enriquecedora, non só para eles, tamén para nós”, afirmou o rexedor, “O coñecemento e os valores medioambientais son a base deste proxecto, pero tamén o é a convivencia que reforza sen dúbida a aprendizaxe”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.