Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 19 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello acomete melloras nos centros escolares

Operarios municipais levaron a cabo as reformas demandadas pola comunidade educativa, ademais de pequenas actuacións necesarias para garantir a seguridade e accesibilidade

Aproveitando as vacacións de Semana Santa, o Concello do Porriño levou a cabo melloras nos centros educativos do municipio.

 

Operarios municipais levaron a cabo as reformas demandadas pola comunidade educativa, ademais de pequenas actuacións necesarias para garantir a seguridade e accesibilidade.

 

Entre elas, a reparación da baixante e canalización de pluviais do pavillón do CEIP Plurilingüe de Atios, o acondicionamento de parte do patio do CEIP Cruz Budiño,  e a execución do acceso adaptado no IES Pino Manso e no CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, onde tamén se acometeu a mellora de varias portas do ximnasio e a reforma do coñecido Kiosko para transformalo na Biblioteca de Patio.

 

Ademais, leváronse a cabo traballos de poda e xardinería nos diferentes centros. Ao término das vacacións as melloras nos centros escolares continuarán tal e como están programadas polo Goberno Local.

 

“Que os nenos e nenas do Porriño poidan cursar os seus estudios nas mellores condicións é  unha prioridade para este goberno”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Apostamos por unha educación pública de calidade e no marco das nosas competencias non escatimaremos esforzos para que así sexa”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.