O PORRIÑO
Causan graves danos na Capela de San Benito
Os ladróns, que actuaron de noite, roubaron o lampadario e causaron destrozos no altar e no mobiliario
A Capela de San Benito foi obxecto esta noite dun roubo con forza e destrozos no mobiliario e imaxes.
A Policía Local e a Garda Civil abriron investigación para dar cos responsables dos feitos. Os autores do roubo accederon ao interior e fixéronse co lampadario (peto con donativos a cambio de velas iluminadas), ademais de causar múltiples danos no altar e nas imaxes relixiosas.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, mostrou a súa “rotunda condena” a uns feitos que “non só supoñen un gran dano patrimonial senón tamén ao sentir de moitos porriñeses e porriñesas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218