Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Domingo, 24 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Cumpre 90 anos sendo a usuaria máis activa da Piscina Municipal da Guarda

Tomitila Vicente Franco cumpría este pasado mércores 90 anos na compaña das súas compañeiras da Piscina Municipal da Guarda, á que leva asistindo 24 anos

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, visitaron na xornada do mércores día 20 de abril a Piscina Municipal da Guarda para dar os parabéns a Tomitila Vicente Franco polo seu 90º aniversario.

 

Tomitila ou “Tila”, como lle chaman as súas amizades, leva 24 anos asistindo ininterrompidamente á Piscina Municipal da Guarda, sendo a usuaria máis activa dende a posta en marcha deste servizo no ano 1998.

 

Foi por este motivo que o persoal da Piscina e as súas compañeiras de grupo da Piscina quixeron darlle esta agarimosa recepción, na que no faltou o cumpreanos feliz, as fotos, os cantos e as risas.

 

Conta Tila que foi un médico o que lle recomendou asistir á piscina para levar mellor algúns problemas que padecía de mobilidade nas pernas, pero a cousa converteuse nunha afección  da que non houbo maneira de separala, indicando que moitas veces tamén ía á piscina os sábados e domingos, aínda que agora só vai de luns a venres.

 

Tila aproveita tamén o seu día a día para camiñar pola vila, dando un paseo dunha hora despois de asistir á piscina á mañá e outro pola tarde.

 

A Concelleira de Deportes quixo por de manifesto o exemplo que é Tila para moitas persoas, animando aos veciños e veciñas da Guarda a que aproveiten este servizo municipal e se apunten á piscina para facer deporte, cos importantes beneficios para a saúde que supón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.