GALICIA
As mulleres xa avantaxan aos homes na creación de novas cooperativas
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron esta semana na xornada Mujeres de Cooperativas organizada por Cooperativas Agroalimentarias de España
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron esta semana na Xornada Mujeres de Cooperativas: búsqueda de nuevas oportunidades en el ámbito de la Economía Social organizada por Cooperativas Agroalimentarias de España, onde animaron ao sector a seguir comprometido para acadar unha participación igualitaria das mulleres, nun ámbito no que Galicia xa conseguiu que o número de promotoras de cooperativas supere ao dos homes.
Ambas as dúas representantes da Xunta subliñaron o relevante papel que a economía social desenvolve na Comunidade como fórmula resistente e comprometida co futuro da súa contorna e coa igualdade de oportunidades no eido laboral.
López Abella referiuse na inauguración do encontro á necesidade de incrementar a presenza de mulleres en postos de dirección xa que, dixo, “impulsando a presenza feminina nestes cargos contribúese a dar voz aos problemas e reclamacións das mulleres”.
Covadonga Toca, pola súa banda, enxalzou na clausura das xornadas os beneficios da economía social como “modelo que antepón os beneficios sociais á rendibilidade financeira, que actúa contra as desigualdades e que aposta por crear oportunidades que xeren emprego de calidade, fomentando a cohesión social e a vinculación co territorio”.
Destacaron o compromiso do sector coa igualdade de oportunidades e puxeron en valor programas da Xunta como Medrando Xuntas que promoven a formación das mulleres; ou Emega, para favorecer o emprendemento
A economía social resulta clave no mercado laboral de Galicia, representando o 7% do PIB. Neste modelo, o traballo feminino está a gañar cada vez máis espazo e xa na actualidade o 50,7% das novas cooperativas son promovidas por mulleres.
A Lei autonómica de Economía Social, que sitúa a Galicia como referente no sector desde o ano 2016, establece como principio reitor a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Tamén a Estratexia Galega de Economía Social 2019-2021, á que a Xunta destinou 89 millóns de euros, marcouse como obxectivos a potenciación da igualdade no cooperativismo, conseguindo en dous anos incrementar en 13 puntos porcentuais a presenza das mulleres á fronte destas entidades.
A Xunta está a poñer o acento nas actividades orientadas a conseguir unha igualdade de oportunidades efectiva e que impacten no aumento da participación feminina en todos os ámbitos do mercado laboral galego. Para avanzar por este camiño, as galegas contan con programas formativos como Medrando Xuntas, que en cinco anos formou a máis de 200 participantes no eido da economía social; ou a iniciativa Emega para o emprendemento feminino, que avoga polo acompañamento e as medidas de conciliación para as empresarias.
Para acadar unha plena igualdade de oportunidades, a Xunta comprometeuse a seguir a traballar co tecido produtivo para facer que a economía social e a sociedade galega sexan máis igualitarias e solidarias; un obxectivo no que as cooperativas resultan fundamentais como motor dunha sociedade máis sostible, equitativa e participativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186