Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 25 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O Goberno salcedense inicia as súas xuntanzas polas parroquias

Este luns 25 de abril darán comezo no centro cultural da parroquia da Picoña a primeira dunha serie de xuntanzas que o equipo de goberno de Salceda de Caselas pretende levar a cabo por todas as parroquias do concello.


Baixo o lema “O concello escoita” o equipo de goberno ten como obxectivos acercarse á cidadanía de Salceda para amosar a labor de goberno feito durante estes anos de lexislatura e sobre todo coa finalidade de escoitar a veciñanza e atender as súas inquedanzas, queixas e suxestións para respondelas e aportar solucións viables a través da toma de decisións públicas dende o concello.


As visitas ás parroquias para poder manter xuntanzas coa veciñanza xa eran unha idea que se tiña planificada por parte do equipo de goberno dende o inicio da lexislatura pero desgraciadamente, a situación provocada pola pandemia da Covid-19, impediu que a programación das visitas fora planificada por razóns sanitarias.


Despois do inicio este vindeiro luns na parroquia da Picoña, continuarán as charlas esta vindeira semana, o martes 26 na parroquia de Parderrubias e o venres 29 no barrio de A Feira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.