Lunes, 16 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Un raio provoca un incendio nun cadro eléctrico en Salceda

A caída dun raio foi a causa que provocou un pequeno incendio nun cadro eléctrico dun garaxe, moi preto dunha casa, no lugar de Bouzapanda, en Santo Estevo de Budiño, en Salceda de Caselas. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.

 

De feito, os mesmos donos da vivenda puideron extinguir o lume sen verse nada mais afectado.

 

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos, sobre as 15:30 horas desta tarde. Foi a esa hora, cando un particular informaba aos xestores de emerxencias de ver saír fume do tellado dunha casa despois de caer un raio, sen asegurar se había xente afectada.

 

 

Nese intre, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Baixo Miño, ademais, pasaron aviso á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

 

Unha vez no lugar, os Bombeiros confirmaron que só ardera o cadro eléctrico, que fora apagado polos donos do inmoble.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.