Salceda de Caselas
Corre por Salceda” cumpre a súa IX edición
O vindeiro 8 de maio celebrarase de novo, a carreira popular “Corre por Salceda”, que este ano se retomará cumprindo a súa IX edición, despois do obrigado parón provocado pola pandemia.Trátase dunha proba organizada pola Concellería de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
A carreira se desenvolverá polo casco urbán e por algunhas das sendas do municipio, e constará das seguintes categorías: categoría absoluta(anos 2006 e anteriores) de 10 km e 5 km con saída conxunta as 10:30 horas e resto de categorías(escolares e menores) con saída a partires das 12:15 horas
A categoría absoluta de 10 km de distancia será, como en anteriores edicións, proba puntuable(ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares 2021/2022.
A entrega de premios realizarase na Praza do Concello a partir das 13:00 horas.
As persoas participantes deberán inscribirse na páxina www.championchipnorte.com ata o próximo martes 3 de maio e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.deportesalceda.gal ou dirixíndose a Concellería de Deportes ou ás Escolas Deportivas Municipais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11